Mars 1M

Unha das Mars 1M.

Mars 1M foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar para facer un sobrevoo de Marte nos comezos da era espacial e obter datos e imaxes do planeta. Ámbalas dúas sondas non chegaron nin á órbita terrestre por fallo dos seus foguetes lanzadores, uns Molniya.[1][2]

As dúas sondas Mars 1M que se intentaron lanzar eran idénticas e tiñan unha masa duns 640 kg. Como instrumentación científica levaban a bordo un magnetómetro, un contador de raios cósmicos, unha trampa de ións e un detector de micrometeoritos, entre outros.[1][2]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "Mars 1M" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mars 1M" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search